Heráclito na Antártida

 


A primeira proba da acción Oda a Heráclito foi executada na Xornada de Land Art de Seira no ano 2021.  (ver vídeo)

A segunda correu a cargo de Javier Gil Terrón e tivo lugar na Antártida, de camiño a investigar nun glaciar. Un ínterim poético-performático en movemento. Moi acaído. O propio Javier sitúanos en contexto cando di:
O vídeo de Todo flúe está feito na baía sur da Illa de Livingston, nas Shetland do Sul, na Antártida.
Estamos na zódiac no Johnson Bay, cos glaciares Jhonson e Perunika ás nosas costas. Está feito na zódiac desta maneira porque non puiden facelo doutra forma e ese mesmo día regresaba e, xa que logo, era a única oportunidade que tiña. A miña idea era telo feito no glaciar, pero foime imposible.
A graza é que o glaciar realmente é un fluído e móvese, lento, calmada-mente, pero flúe. Coas medicións anuais que facemos no Jhonson, hai partes que se moven 2 ou 3 metros ao ano, pero o fronte, o que cae ao mar, avanza até 40 ou 50 metros por ano! Así que iso. Todo flúe.


Comentarios