COSEGA en Córdoba

 


Big Brother 1984

Hoxe lembrei accidentalmente, tal e como acostumo a facer, dito sexa de paso, que hai aproximadamente un mes enviei unha composición viso conceptual a Córdoba en resposta á convocatoria recibida polo Festival de Poesía Visual de Córdoba POEMX. E o acordo rematou en sorpresa agradable xa que a obra de marras foi seleccionada polo xurado para formar parte da exposición que terá lugar no Palacio de Viana, na cidade de Córdoba. Ademais das vintecinco obras seleccionadas neste apartado, dez foron elexidas para seren expostas en diferentes espazos da cidade.

Aquí deixo o enlace para acceder a todas as obras seleccionadas.

As obras presentadas foron seiscentas dezanove e chegaron de dúas centas cidades de cincoenta e dous países. 

O xurado estivo constituído por Edu Barbero, Cuca Canals, Álex Monfort e Amador Esteban.

Comentarios