A pareidolia é un fenómeno psicolóxico universal e automático polo cal o cerebro interpreta un conxunto de estímulos aleatorios como unha forma recoñecible e con significado. Esta resposta perceptiva débese a un mecanismo evolutivo deseñado para atopar patróns e organizar a información de forma, o que orixinalmente axudaba a detectar aliados ou depredadores na natureza.
Recrearse mirando as nubes, as montañas, as rochas ou calquer elemento natural foi seguramente a forma máis común e económica de facer arte. O mundo humano nace con esta mirada poética. Foi a analoxía. E atrévome a dicir que deste pulo perceptivo xurde a mirada matemática. A simetría é beleza e orde.
Nun mundo cultural como o de hoxe, rodeados de obxectos cotiás e tecnolóxicos, seguimos interactuando coa realidade dun modo poético e contemplativo. Por veces, cando cesa o ruído e o trafego e papamos moscas, desvélasenos de modo inconsciente unha realidade oculta e non obstante familiar que existe en paralelo.
Comentarios
Publicar un comentario