COSEGA ten participado en numerosas exposicións de arte e poesía visual dentro e fóra de España dende 1997. A súa produción poética e experimental ten sido distribuída a través da rede de arte correo en forma de blocs de poemas autoeditados de forma artesanal e exhibida en exposicións, revistas de creación experimental e festivais de poesía visual.
Coordinación de proxectos de arte correo e poesía visual:
- A usura. 2001
- Marea Negra 2003
- Congreso Descentralizado de artecorreístas 2003
- Proxecto Alfabetos. 2004
- Proxecto Retrato fractal 2006
- Sen papeis. 2007
- Proxecto Incendios/Contralumes 2026
O arquivo da COSEGA, resultado do intercambio creativo e epistolar realizado nos últimos 25 anos con artecorreístas de todo o mundo, forma parte da colección do MIDE-CIANT (Museo Internacional de Electrografía. Centro de Innovación en Arte y Nuevas Tecnologías da Universidade de Castela-A Mancha) desde 2020.
Desde 2005 participa colabora activamente co grupo de polipoesía Ad Hoc. Como resultado desta actividade performática e musical o grupo ten editado unha triloxía de improvisacións músico-poéticas nacidas a partir de tres performances (discografía de ad hoc en liña):
- Poema violento, 2016
- Poema Elevado, 2018
- Poema Profundo, 2021
Comentarios
Publicar un comentario