Libro de artista 1

 Onte comecei a intervir un catálogo de arte que me regalaron hai tempo procedente dunha expurga bibliotecaria. A verdade é que o contido orixinal é un pouco decepcionante e repetitivo, non obstante a primorosa edición acuñada pola Xunta de Galicia. A idea é utilizalo como unha especie de caderno de cabeceira, algo así como un diario gráfico feito con debuxiós rápidos a golpe de pincel, colaxe e reservas das imaxes orixinais. Engadirei noutra hora os datos relevantes da edición do catálogo que estou a transformar.









Comentarios