Caligrafos

 Cos restos dun xogo de letras de madeira que utilicei para armar dúas accións, Poema profundo e Todo flúe, púxenme a xogar e compuxen estas obras. Son consciente de que precisan do espectador un certo esforzo perceptivo, pero tamén é verdade que nestes casos non é posible variar o tamaño do grafo nin ter a disposición máis ca aqueles caracteres que foron sobrando e foron reducíndose en número a medida que se ía consumando o xogo. Non todos os tipos son iguais; hainos máis plásticos, máis acaídos para situar os puntos claves para a lectura da imaxe. O exercicio pode ter como tal o seu equivalente nun solitario ou outro calquera pasatempo individual, sen máis ansias.


Bailador

Rostro
Estatua

Retrato de Chus

Orante

Comentarios