Poema biolento / Natura i art 2011



Esta interesantísima proposta de sensibilización ecolóxica chamada Natura i Art, no corazón mesmo do Paraxe Natural de Prades, en Poblet, Tarragona, foi tamén unha experiencia de convivencia colectiva inolvidable que naceu da man do poeta e land artista Sergi Quiñonero.

A convocatoria aberta propoñía unha andaina ao longo dun camiño a través do cal xs artistas convidadxs ían amosando as súas propostas creativas, efémeras e vinculadas á unha reflexión da relación do ser humano coa natureza.

Begoña Miguéns e Lois Gil desenvolveron a súa acción ad hoc no vello emprazamento dunha carboeira, hoxe chamado Praza da Liberdade. A acción consistiu basicamente nunha comuñón con pan e viño.

 

Memoria do Proxecto (Sergi Quiñonero)

Álbum de fotos


Comentarios