En Padrón, xs alumnxs do instituto

 



A comezos dos anos 90 o ambiente cultural da comarca e en xeral de Galicia estaba tinguido dun aire reivindicativo singular: as mobilizacións contra o servizo militar obrigatorio, contra o militarismo e a Guerra do Golfo Pérsico, as preocupacións feministas, medioambientais e lingüísticas formaban parte desta paisaxe civil. Resulta difícil imaxinar hoxe unha situación así, sumidos, segundo parece, no narcomutismo da sociedade do teleespectáculo e encadeados a un produtivismo galopante extenuante que nos deixa cada vez máis sós, máis illados , menos recoñecibles como suxeitos activos da historia. 

Nesta pequena e incompleta crónica daquel tempo e daquel espazo, saen a relocir intencións e condutas colectivas solidarias orientadas cara á consecución dun obxectivo común. Semella tamén que no político as institucións e os seus representantes estivesen animados a un tempo por este afán construtivo. Quizais estiveramos vinvindo, a pesar do mal subxacente, unha época aberta, nun proceso construtivo da historia. Ou simplemente o desapego pesimista non sexa namáis ca unha diferenza xeracional. En todo caso, nada disto rouba beleza a este episodio contado por boca dxs protagonistas. Pouco guión hai nesta historia máis aló do relato luminoso de Daniel Vecino e do coro de voces que habitan por lapsos aquel tempo lembrado. Por moitos anos.

O vídeo forma parte do ciclo de actividades desenvolvidas durante o curso 23-24 no IES CAMILO JOSÉ CELA con motivo da celebración do quincuaxésimo aniversario da súa fundación. Foi emitido o 21 de xuño no Auditorio Municipal, dentro do acto de Clausura do curso, e o 22 de novembro no Casino de Padrón.

Comentarios