Acción política contra Altri. Compostela, 28062024

Fonte(Diario Nós)

 


O 28 de xuño respondemos á chamada reivindicativa contra o plan de construción dunha mega fábrica de celulosa da empresa lusa Altri na Comarca da Ulloa. O proxecto, altamente contaminante, suporá unha grave alteración dos ecosistemas fluviais do río Ulla e da ría de Arousa. Fronte á actitude de apoio decidido do goberno da Xunta de Galicia, milleiros de persoas rodearon os edificios administrativos da Xunta de Galicia na capital. 

 

Neste contexto, Tito Sánchez e eu mesmo, desenvolvemos unha acción durante tres horas camiñando e arrastrando sendas cruces de eucalipto, desde pouco antes das doce da mañá até as tres da tarde. A acción foi o resultado dun proceso de interaccion creativa colectiva que tivo lugar a noite anterior ao pé do monte de A Muralla.




Comentarios