Lembranza de Cambados 1994


 Cando compuxen este colaxe dixital botei man dunha das imaxes máis representativas de Cambados, a Torre de San Sadurniño, en San Tomé. Para min ten un significado emocional moi valioso grazas á miña primeira experiencia profesional nesa marabillosa terra na que, non obstante, florecían xa os negocios derivados do narcotráfico e había unha tolerancia case unánime co exercicio benefactor desa elite delincuente e criminal que se estendía a todos os eidos da actividade económica e cultural da vila e da comarca. Até que chegaron os axustes de contas e os asasinatos e con eles a persecución xudicial e policial da man da Operación Nécora. 

Por tanto, por baixo do fervor artístico e cultural que se vivía nese tempo, froito da aparente bonanza económica derivada deses turbios negocios, existía unha capa de realidade silenciada que aflorou de modo tráxico e se fixo evidente nesa situación social. Ese é o ton conceptual que me levou á síntese:  utilicei un dos reclamos turísticos máis representativo da vila e engadinlle un signo visual e asociativamente discordante. Pouco máis que 


Comentarios