LISTA PARA GUSTAR. UNHA IDEA A 6 MANS

 

Recibín por email hai aproximadamente un mes unha convocatoria de NUDO Festival de Poesía, un evento no que a Corporación ten participado noutra ocasión, daquela en Barcelona, nunha exposición titulada "Caligrama, la odisea de la letra", en homenaxe a Guillaume Apollinaire. 

Desta vez a ocasión para este encontro creativo vai ser en Tenerife e inclúe unha mostra de vídeo poesía V2 versos&visuals 2022, la muestra de videopoesía na que pensei en participar. Fixen unha proba cos medios básicos que manexo (sen destreza) e que tiña a miña disposición: unha tarxeta de son, un micro e unha webcam coa que gravei un anaco de vídeo dunha duración aproximada de 3 minutos. Despois gravei o son e editei finalmente o vídeo dun modo moi básico coa idea de compartilo cos amigos Vili e Antonio para que colaboraran na produción. E así foi. 

Acudín unha tarde á casa de Vili e no salón montamos o plano detalle dos ollos sobre os que se reflexaron imaxes proxectadas polo seu doméstico canón de proxección. E despois enviei a Antonio o arquivo de son que ao que engadíu os efectos e esa ambientación sonora tecno-acompasada. 

Recursos sinxelos para ideas sinxelas, e viceversa. Son deste pau. Se o vídeo non é seleccionado polo xurado para a súa proxección pública queda o consolo desta breve pero bonita experiencia cos estes dous benqueridos amigos. É o que levo. 

E non foi seleccionado. Pois é o que levo, que remedio. 

Comentarios