Memoria do proxecto Incendios/Contralumes

ELACIÓN DE PARTICIPANTES NA EXPOSICIÓN


César Reglero Campos, Juan Fran Núñez Parreño, Horst Tress, Marco Furia, Pedro Bericat, Lutz Beeke, Ana Pobo Castañer, Susan Gold, Néstor Rossi, Peter Abajkovics, David Feroce, Raúl Reguera, Francisco Pérez Belda, Giovanni and Renata Strada StraDaDa, Sabela Baña, Rittiner & Gómez, Xío Blanco, Bruno Chiarlone, Keiichi Nakarmura, Miguel Jiménez – El taller de Zenón, Murakami Kazunori, Fausto Grossi, Carmela Sarcina, José Luis Campal, Ryosuke Cohen – Brain Cell, Darko Vulic, Mirta Caccaro, József Bíró, Jeff Bagato, Toan Vinh La, Manuel Calvarro Sánchez, Verdiana Calia / Mattia Montemezzani, Angela Caporaso, Javier Seco / Luz y Cia., Manoel Bonabal Barreiro, Fabrizio Pavolucci, Ramón Cruces / Laboratorio arte correo, Roberto Scala, María do Carmo Both, Myriam Mercader Varela, Hugo Pontes, Stephen Tomasko, José Carlos Velázquez, Bruno Pierozzi, Field Study / David Dellafiora, Isabel Jover / El taller del Sol, Oronzo Liuzzi, Adriana e Alfonso / Expoplanetarium.net, Valdor, Luis María Labrador, Consuelo Vallejo Delgado, Pere Morató Andurell, Manuel Busto Magdalena, Iara Abreu, Melanie Bäreis, Uwe Höfig, Biró Ildikó, Alexandru Jakabházi, Eduard Jakabházi, Víttore Baroni, Brigitte De Reys, Ramón Caride Ogando, Nieves Salvador Bayarri, Lars Shumacher, IES Camilo José Cela / Padrón, Domenico Ferrara Foria, Jan Teuninck, Suzlee Ibrahim, Alicia Gil, Diego Racconi, Claudio Gavina, Susanne Schumacher, Ferrán Destemple, Maya López Muro, María Castillo / Formas Expresión, Marta Bosch, Domingo Tabuyo Romero, Pepe Cáccamo, Michelangelo Mayo, Ghidini Massimiliano, Camilo Seira, Christiane Carré, Eberhard Janke / Edition Janus, Mh Antipode, Lisa´nye Endre, Pol Peiró Navarro, Danielle Virgilio, _Guroga (Venezuela), Susanne Mitterwieser, Ruggero Maggi, Alumnado IES Camilo José Cela, Virginie Loreau, Serse Luigetti, António Mousinho, Mara Ulhoa, Obradoiro infantil de arte e creatividade Camilo Seira: Ivo, Mateo, Alma, África, Aldán, Carla, Vera, Xoana, Martina, Anxoe Antía, Nel Rodríguez Rial, Renata Danicek, Merce Ares, Simon Warren, Wolfgang Rostek, Andreina Argiolas, Corporación Semiótica Galega, Klaus Pinter, José Rodríguez Fructuoso, Wolfgang Faller, Alberto Lamas, Ivana Pinna & Thomas Keis, Emilio Blázquez, Antoni Miró, Obradoiro de arte e creatividade Camilo Seira Melania Vítor Trenco Manuel Leston Mónica Montero, Alumnado do CEIP Rosalía de Castro de Padrón Antonio Orihuela, C. Mehrl Bennett, Psyche out fanzine c/o Silvano Pertone, Zlatko Krstevski, Atelier & Galería Felipe Lamadrid, Pedro Gonzalves García, Veronique Pozzi Paine, Katerina Mandarik, Jose Benéitez, Jurj Jonke, Jorge Viturro, Poul Poclage, Anxo Pastor, Ariadna Silva Fernández, Manuel García Vicente, Manuel García Diéguez, Valentina Garbal Todanes, Pepe Buitrago, Alfonso Conde Giráldez, Keichi Nakamura, Eira Piñeiro Iglesias, Elisa Iglesias Framil, Marisa Costa-Ripa, Mikel Untzilla, María Montserrat Ríu Martí, Ottmar Bergmann, Luc Fierens, Mitta M. Collini, Iria Ribadomar – Deica Creacións, Kardo Kosta, IES DE CACHEIRAS, AMIPA Asociación / Claudia, Laura, Olga, Yolanda, Isabel, María, Lucía, Sonia, Suso e Mateo., IES Dos DICES, The wasted angel, Domenico Severino (Casa Museo), Desplanque Ludovic, Marcia Rosenberger, Lara Favaro, CEIP BAROUTA de Ames, Alfonso Caccavale, CEIP PUMAR de Urdilde-Rois, CEIP FLAVIA de Padrón, CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN de Dodro, CRA de DODRO-PADRÓN, CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DE URDILDE, CPI PONTECESURES de Pontecesures, Raúl Jiménez Briseño, Ana Luísa Argüello Gómez, Monica Rex, Centro de Día de Dodro, Constante Lema-Tant, Zack e Enrique Gundín.


INCENDIOS/CONTRALUMES
CORPORACIÓN SEMIÓTICA GALEGA.



Apertura da convocatoria de arte correo: 8 de setembro de 2025.

O SOLO
Exposición internacional de artecorreísmo: 1018 imaxes recibidas de 24 países e do alumnado da comarca.
Centros educativos: Escola Infantil A GALIÑA AZUL de Rois, CEIP PUMAR e CPI DOS DICES de Rois, Escolas Unitarias Agrupadas CRA de Dodro-Padrón, CEIP FLAVIA, CEIP ROSALÍA DE CASTRO e IES CAMILO JOSÉ CELA de Padrón, CPI DE PONTECESURES, IES CACHEIRAS de Teo e CEIP BAROUTA de Ames.
Máis de mil persoas participantes nas actividades educativas vinculadas ao proxecto.
Catro concellos coas súas respectivas concellarías e departamentos técnicos da comarca implicados.
Brigadas e axentes forestais dos dous distritos da demarcación territorial.
Comunidades de montes en man común.
Asociacións e institucións locais: AMIPA de Rois, CENTROS DE DÍA de Rois e Dodro e Sociedade Cultural Padronesa.
Rede internacional de artecorreístas: coa especial colaboración de Taller del Sol (Tarragona), Maya López Muro (San Giovanni-Valdarno) e Xío Blanco.
Enrique Banet, director de cinema e ecoactivista.

A SEMENTE
Visitas guiadas e adaptadas da exposición con actividades interactivas baseadas no patrimonio oral galego.
Charlas didácticas e obradoiros interactivos con axentes e bombeiros forestais dos distritos dirixidas a toda a comunidade escolar da comarca do Baixo Ulla-Sar.
Encontros coas comunidades de montes en man común para tecer redes de apoio e colaboración.
Actividades educativas de reforestación no monte co alumnado local.
Encontros interxeracionais e interculturais coas persoas maiores dos centros de día e co grupo de persoas inmigrantes (en colaboración coa ONG Rescate Internacional).
Charlas en centros educativos sobre artecorreísmo e activismo.
Conversa aberta sobre os usos dos montes no contexto do cambio climático.

O TEMPO

  • 13 – 27 DE XANEIRO / EDIFICIO MULTIUSOS DE ROIS (A Coruña)
  • 6 – 20 DE FEBREIRO / SALÓN DE ACTOS DO CPI Y. LORENZO BALEIRÓN DE DODRO (A Coruña)
  • 27 DE FEBREIRO – 13 DE MARZO / SALÓN DE PLENOS DA CASA DO CONCELLO DE PONTECESURES (Pontevedra)
  • 13 – 27 DE MARZO / SALÓN PRINCIPAL DA SOCIEDADE CULTURAL PADRONESA (A Coruña)

DESCRICIÓN DO PROXECTO
O proxecto configúrase como unha proposta artística, pedagóxica e social que toma como punto de partida a problemática dos incendios forestais en Galicia, non tanto para explicala desde unha perspectiva teórica ou informativa, senón para xerar formas de relación máis conscientes co territorio. Trátase, en esencia, de desprazar a mirada: pasar da análise abstracta á experiencia contextualizada, da información á implicación.

Neste sentido, o proxecto artéllase como un proceso aberto no que se combinan investigación, práctica artística e acción colectiva. Non existe unha separación clara entre fases, senón unha continuidade na que as distintas actividades —obradoiros, encontros, intercambios e intervencións— funcionan como partes dun mesmo tecido en construción. Esta estrutura flexible permitiu adaptar o desenvolvemento ás circunstancias concretas de cada contexto e ás achegas das persoas participantes.

Un dos eixes máis significativos foi o uso da arte correo (mail art) como ferramenta de creación e comunicación. Fronte á inmediatez das canles dixitais, o envío e recepción de cartas e postais introduce unha temporalidade distinta, máis lenta, que favorece a atención, a escoita e a elaboración do pensamento. Ao mesmo tempo, isto permitiu expandir o proxecto máis alá do ámbito local, establecendo conexións con outras persoas e contextos. Esta rede de intercambios non só ampliou o alcance da proposta, senón que tamén contribuíu a reforzar a idea de comunidade, entendida non como algo dado, senón como algo que se constrúe a través da relación.

A exposición está constituída por máis de mil postais chegadas de 24 países diferentes e dos centros educativos e institucións locais da comarca do Baixo Ulla-Sar e arredores: Rois, Dodro, Pontecesures, Padrón, Ames e Teo. Merece especial relevancia a participación directa, tanto na exposición como nas actividades, de escolares de educación infantil, primaria e secundaria, así como a incorporación de persoas usuarias dos Centros de Día e da Asociación AMIPA de persoas con discapacidade intelectual. Esta pluralidade deu lugar a un espazo interxeracional no que se cruzan experiencias, linguaxes e formas de expresión distintas.

Un dos aspectos máis relevantes do proxecto é a súa dimensión comunitaria. Lonxe de limitarse ao ámbito escolar, a proposta desenvolveu un conxunto de actividades que implicaron a diversos axentes sociais. Entre elas, cómpre destacar as reunións con comunidades de montes, nas que se puxeron en común experiencias e problemáticas relacionadas coa xestión do territorio; así como os encontros con persoas maiores, que achegaron unha memoria viva sobre os usos da terra, os cambios producidos ao longo do tempo e as formas tradicionais de relación co medio. É necesario incidir tamén no proceso de colaboración coas brigadas e axentes forestais dos distritos que operan nesta comarca, incorporando actividades teóricas e prácticas para a dinamización e sensibilización dos grupos de escolares.

Estas interaccións permitiron incorporar, asemade, ao proxecto saberes que non sempre teñen presenza nos espazos formais de aprendizaxe, especialmente aqueles vinculados á tradición oral, enriquecendo o enfoque da proposta e introducindo outras maneiras de narrar, interpretar e comprender o territorio. Tamén de manter a memoria.

Do mesmo xeito, o proxecto favoreceu a creación dunha rede de colaboración entre concellos independentes e de distinto signo ideolóxico para a coordinación e resolución de problemas loxísticos, así como a colaboración de asociacións de carácter sociocultural, públicas e privadas.


Este aspecto resulta especialmente significativo, xa que evidencia a capacidade da práctica artística para xerar espazos de encontro e diálogo máis alá das diferenzas institucionais ou políticas. A construción desta rede non foi un obxectivo previo pechado, senón un proceso que foi xurdindo a medida que o proxecto se desenvolvía e se ía adaptando ás necesidades e limitacións dos espazos de traballo de cada concello. A inclusión de todos estes perfís non responde unicamente a unha vontade de apertura, senón a unha concepción da aprendizaxe como proceso compartido, no que cada participante achega un saber específico. Neste sentido, o proxecto combina dimensións de educación formal (desde a propia escola), non formal e informal, configurando un marco híbrido que permite traballar desde a flexibilidade e a adaptación. Esta dimensión colectiva non é un elemento accesorio, senón un dos eixes fundamentais da proposta, ao evidenciar a posibilidade de construír procesos compartidos que vinculen creación, pensamento e responsabilidade social.

En definitiva, o proxecto propón unha maneira de traballar que integra práctica artística, pensamento crítico e implicación co territorio. Máis que ofrecer conclusións, abre preguntas e xera condicións para que estas poidan ser habitadas colectivamente. Neste proceso, conceptos como memoria, coidado, tempo e comunidade adquiren un papel central, configurando un marco desde o que repensar a relación co entorno e as formas de estar nel.






Comentarios