Levo colaborado con Eberhard Janke e o seu proxecto de artecorreismo, Edition Janus, desde hai anos de maneira entusiasta. Non sabería precisar nin siquera o tempo aproximado. A miña actividade artecorreista foi sempre un pouco inconsciente de datas e nunca tiven afán coleccionista nin historiográfico. O valor real que para min ten esta forma de intercambio creativo é ante todo lúdico. Cada convocatoria foi para min un reto creativo ao que tratei de responder sempre con consciencia cívica pero alleo por completo a grupos organizados e calquer tipo de capela que puidera instituirse con propósito. E aquí, non obstante os valores que definen a accción de artecorreismo (non comercio, non selección, non venda) tamén se foron constituíndo grupiños nados de afinidades e tamén de certos personalismos, ou iso penso eu desde esta posición case anónima na que sempre procurei estar, por veces forzada, por veces querida. Podo dar fe dalgunha destas desavenencias e/ou rancores mantidas ao longo do tempo. Pero non é a hora, nin moito menos, de centrar a fala nesas latitudes algo sombrías senón no marabilloso mundo do intercambio libre entre iguais que é a pedra angular da artecorreo, do mailart ou da arte postal, chámese como se queira. E unha das virtudes é a posibilidade de establecer unha relación entre iguais de natureza cordial e construtiva, igualitarista e solidaria, a pesar da distancia xeográfica, lingüística e cultural.
E iso acontece con Eberhard, este artista berlinés do que teño feito unha imaxe mental que seguramente non se corresponde coa persoa real que el é. Estiven hai máis de dez anos en Berlín e levei o seu enderezo. Foi unha das poucas veces que non me atrevín a achegarme ao seu domicilio, a pesar de que cheguei a percorrer a súa rúa. Contén algo de poesía tamén esta situación que acabo de mencionar. Non son unha persoa moi espiritual, téñoo que recoñecer, pero non podo evitar botar man de cando en vez dunha mística de pacotilla que ten como axente principal o azar, o que aconteceu, o que puido acontecer e as consecuencias que pode chegar a ter unha decisión ou indecisión (que é unha forma implícita de decidir). Non descubro nada, xa o sei; o de explotar os relatos posibles antes e despois dun feito, eses misterios ministerizados polas series televisivas de moda. Eu son máis ben de poesía, dos versos de Wislava Szymborska:
Estación
A miña non chegada á cidade de N.
efectúase puntualmente.
Comuniqueicho
por carta non enviada.
Tiveches tempo
para non chegar á hora prevista.
(...)
Estación
A miña non chegada á cidade de N.
efectúase puntualmente.
Comuniqueicho
por carta non enviada.
Tiveches tempo
para non chegar á hora prevista.
(...)
Acaso
Puido ter sucedido.
Debeu suceder.
Sucedeu antes. Despois.
Máis cerca. Máis lonxe.
Pero non a ti.
(...)
Todo o que sei de Eberhard téñoo que consultar na rede e a información é fragmentaria e moi incompleta. Non hai unha web de referencia, tan só os envíos postais que, de modo perseverante, chegan ás numerosas caixas de correo de todo o mundo. Tan só algunha nota, en inglés ou mesmo en español agradecendo as contribucións que el, cun especial amor, maqueta ou ensambla para ir repartindo tesouros gráficos. Entre os últimos, 12 artefactos en papel, cunhas medidas especificadas para facer máis doada a ensamblaxe e a distribución por correo postal.
Puido ter sucedido.
Debeu suceder.
Sucedeu antes. Despois.
Máis cerca. Máis lonxe.
Pero non a ti.
(...)
Todo o que sei de Eberhard téñoo que consultar na rede e a información é fragmentaria e moi incompleta. Non hai unha web de referencia, tan só os envíos postais que, de modo perseverante, chegan ás numerosas caixas de correo de todo o mundo. Tan só algunha nota, en inglés ou mesmo en español agradecendo as contribucións que el, cun especial amor, maqueta ou ensambla para ir repartindo tesouros gráficos. Entre os últimos, 12 artefactos en papel, cunhas medidas especificadas para facer máis doada a ensamblaxe e a distribución por correo postal.
A numerosa correspondencia que recibín e que formaba parte do meu arquivo persoal foi doada ao MIDECIANT de Cuenca. Conservo tan só as derradeiras edicións das cales amoso dúas probas gráficas. A primeira , un dos catálogos remitidos que reúne baixo un lema de convocatoria ao conxunto das producións enviadas polos artecorreístas de todo o mundo. Trátase dunha publicación do ano 2020 e correpóndese ao número 15. A segunda trátase dunha revista ensamblada, un produto tamén moi común, sobre todo hai anos, no eido das autoedicións experimentais e descentralizadas.
Do que teño absoluta seguridade é que estes tesouros editoriais saen á luz e prolónganse a través das redes postais grazas á paixón e á entrega entusiasta destes artistas que non dubidan en sacrificar tempo, enerxía e diñeiro en seguir mantendo este movemento a contra corrente nun mundo tecnificado, especializado e capitalizado perseguindo os verdadeiros valores libertarios: autoxestión, comunicación entre iguais fóra das canles oficiais e comerciais. Viva a artecorreismo. Vivan xs carteirxs. 

Comentarios
Publicar un comentario