A Domingo e Marité profésolles un cariño telepático. Fomos compañeiros de arelas artísticas e profesionais durante meus anos cambadeses. Domingo oi tamén un dos elixidos para o catálogo da expo.
DE SAVER. E DE LOIS G. MAGARIÑOS
Domingo Tabuyo Romero
Hai moitas realidades diversas e sutís, na inmensidade da realidade que habitamos. E moitos significantes significativos, no aluvión outonal dos significados transcendentes, que recibimos a millares coma impactos. Imaxes que conteñen fendas e microarestas ignoradas e esquecidas, case invisibles, que axudan a conformar a rotundidade, o volume ideal e compacto dun suceso. Hai propostas artísticas, que teñen máis entrañas e fondo, que a luz que reflicte no plano superficial bidimensional, que contemplamos. Sucede e surfeamos sorprendidos, as ondas do cotiá, con maior ou menor acerto, medio (in)conscientes do moito que ignoramos. Pero non é doado para todxs manexar os códigos, que deberan levarnos a entender, todas as ideas que colonizan, simbioticamente, unha Idea. É unha cuestión de habilidade e de criterio. Tamén de capacidade e de posuír unha ollada intelixente e poliédrica sobre a verdade e, por suposto, sobre o lixo que agochan as alfombras. É dicir, ao alcance de moi escasas persoas, de artistas completos, de formación humanista, de pensamento amplo e reticular, como o gran Lois Gil Magariños, Pontecesures 1964. Filósofo, Profesor, Poeta, Creador e Divulgador Cultural, Lois Magariños é un creador comprometido coa reflexión e a crítica constante; convencido de que calquera cousa que sucede, é unha oportunidade para a revisión e para a reciclaxe intelectual, dende a ironía, a denuncia e o sorriso. Lois habitou con nós este Cambados soñador e creativo. Foi compañeiro inesquecible dos Claustros dos IES Francisco Asorey e Ramón Cabanillas, onde compartimos iniciativas culturais como a Santa Compaña ou a colección Poética Dobre Espazo, entre outras. Voz, latexo, soporte e alma da Corporación Semiótica Galega (COSEGA), e estrutura sustentante de propostas artísticas en diversos soportes e formatos: performances, poesía visual, ilustrador, artecorreista, etc, que fan deste artista un referente imaxinativo, orixinal e rara avis no panorama cultural do noso entorno. Máis alá dos recursos iconográficos, ou da influencia tanxencial de diferentes correntes estilísticas, importa a mensaxe, o conceptual, a suxerencia (des)velada e positiva. A conxunción articulada da imaxe e da palabra, despexan incógnitas e iluminan momentos de alarma e de incerteza. Lois Magariños é un artista de luz, que só utiliza a súa capacidade artística e poética, en defensa propia. A súa obra continúa, como dende o primeiro día, proxectando emocións, posicionamentos e afectos. Latexan nela os arcanos recoñecibles do que somos. Nunca deixa atrás a tenrura. Incluso nestes tempos de invernía...

Comentarios
Publicar un comentario