IA BIG BROTHER GPT

Non teño coñecementos de intelixencia artificial nin siquera de programación básica. Con todo, a tecnoloxía informática leva mediando no meu traballo e na miña práctica creativa desde moi cedo. A primeira finalidade do meu primeiro PC (un Commodore) foi a de ir maquetando unha publicación satírica de distribución clandestina que chamabamos O COCHE DE PEDRA, de factura colectiva e de ámbito local, concretamente de Pontecesures, centrada case en exclusiva en desfrutar do escarnio dirixido á alcaldía do PP e á particular tiranía de José Piñerio Ares.
Posteriormente, chegaron os meus primeiros ensaios gráficos da man de Corel Draw a través da utilización de librarías de iconas de uso comercial que deron como froito o primeiro bloc de poemas visuais titulado DEFUNCIONARIO. E a partir de aí fun alternando o traballo manual e o dixital como dúas ferramentas compatibles e destinadas ao artecorreismo.

Con todo, sempre limitei o meu interese tecnolóxico ás miñas arelas creativas á produción de materiais doadamente reprodutibles e de mínimo custe económico. Nunca considerei a tecnoloxía coma un fin en si mesma, como un fetiche. Hoxe non teño reparo en afirmar que o meu nivel de competencia dixital é o dun usuario medio. Por iso a irrupción da IA non causa en min máis ca sobresalto e desconfianza. Sei das bondades da simplificación do traballo e da capacidade resolutiva que os algoritmos poden ter para a colectividade, mais tamén desconfío da utilización que os donos das grandes corporacións están a facer dos mesmos, dirixidos como están á obtención do máximo beneficio económico e da acumulación de poder. Por certo, resulta sintomático e paradóxico constatar como os neonazis están á última non só na tecnoloxía das fakes e das estafas piramidais dos bitcoins; a pesar de que o estereotipo deste neofachas é o dalguén reaccionario, retrógrado e pouco dado ao progreso da tecnoloxía e das ideas. Pois non. Agora usan como ninguén as redes e mandan foguetes a Marte, día si e día tamén.

Canto á tecnoloxía, eu son máis de Schumacher ca de Bezos, máis do micro ca do mega. Calquera hoxe é testemuña dos efectos psico sociais que estes artiluxios están a ter na colectividade, consciente dos cambios condutuais e sociais que as chamadas redes sociais están a provocar nas novas e non tan novas xeracións, do crecente proceso de alleamento global das conciencias e da consecuente anulación das resistencias individuais e colectivas.
Non obstante, debido ao efecto que a "democratización" das apps estàn a ter nas nosas vidas cotiá e nos nosos quefaceres non me podo substraer á curiosidade que me levou a probar o chat GPT, sen moita ambición, como se poderá comprobar, e sen apenas perseverancia, pero tamén teño que dicir que o resultado é bastante revelador. Eu diría bipolar. Nesa onda está a civilización global, que non sabe se vai cos da feira e vén cos do mercado. Pois aí vai, e perdón polo circunloquio:


Eu:
Ola, poderías describirme unha imaxe conceptual ou poema visual icónico que poña en relación gràfico conceptual os conceptos IA e Gran Hermano?


ChatGPT:
Claro, aquí te ofrezco unha descrición conceptual para unha imaxe ou poema visual que conecte os conceptos de IA e Gran Hermano:


Descrición Conceptual: "O Olho de Vinte e Catro Horas"
Imagina unha escena envolta nunha néboa tecnolóxica, onde a figura central é un olho mecánico enorme, situado no centro dunha cidade futurista. Este olho non é simplemente unha representación humana, senón un complexo sistema de lentes, cámaras e sensores que se estende até os ceos. A súa pupila, un espello líquido e dinámico, reflicte imaxes que non son de persoas senón de datos, códigos e fluxos de información.
Á volta deste “olho”, pantallas flotantes mostran instantáneamente perfis de persoas, que se van construíndo e desintegrando en tempo real a través de algoritmos, IA que analiza as súas accións, palabras e even a súa localización. Cada pantalla está vinculada a un ser humano concreto, pero a imaxe da persoa está distorsionada ou fragmentada, representando a falta de privacidade e a transformación da identidade nunha sociedade de datos.
Nunha esquina da imaxe, como un elemento clave, un gran reloxo de pulso de código binario conta os segundos, un símbolo da vixilancia constante, un recordatorio de que cada movemento e acción está sendo monitorizado. Palabras soltas como "liberdade", "autonomía" ou "controle" flotan e se distorsionan na brisa dixital, destacando a tensión entre a individualidade e o xogo do poder.
A paisaxe urbana ao redor é distorsionada, cunha sensación de claustrofobia, onde os edificios están feitos de pantallas que constantemente mostran avisos ou recomendacións algorítmicas, coma se fosen comandos directos, como os que daría un Gran Hermano. A atmosfera, sen sol, é iluminada por luces LED frías e innaturais, e a cidade parece máis unha rede de células que unha sociedade aberta.

Poema Visual: "O Xogo dos Olhos"
(Na parte superior da imaxe, en letras de néboa e luz):"Mirades sen ver, vides sen sentir."

(Abaixo, na parte inferior da imaxe, círculos que representan os datos, xiros que se entrelazan):"Camiñades entre sombras de bits, vós que non sabedes quen estades a ser."
(Nunha pantalla flutuante, baixo a imaxe do Gran Hermano):"O algoritmo sabe máis de ti que ti de ti mesmo."
(Unha mensaxe que se vai disolvendo na parte superior):"Sempre na vixilancia, sen descanso."
Simbolismo:

IA: Representada polo fluxo de datos e a capacidade de analizar, predicir e controlar movementos humanos.

Gran Hermano: Simbolizado polo ollo omnipresente e a vixilancia constante, o que suxire un sistema totalitario de control, onde as accións e pensamentos das persoas están sendo constantemente monitorizados.
Este concepto visual captura a tensión entre a liberdade individual e a vixilancia tecnolóxica, creando un espazo onde a intelixencia artificial non só serve para mellorar as nosas vidas, senón tamén para dominarnos e transformarnos nunha sociedade controlada pola observación incesante.


Se queres mellorar ou profundizar nalgún dos aspectos desta imaxe ou concepto, non dubides en dicirmo!

Comentarios