24/08/09

CHURASCO NA CARIXA




Aqui vos deixo unha mostra das fotos do venres da Carixa. Se as queredes, xa sabedes a quen pedirllas.
Darlle a noraboa o cociñeiro, que si sempre pringa o mesmo, debe ser porque é bo. E os organizadores, por ocorrerselles traer as empanadas... Porque se chegamos a ter que esperar pola carne tanto tempo sen comer nada antes, podia rematar aquelo nunha festa de canibales.
Por certo, que nas fotos non estamos todos os que eramos, pero e que teria que subir moitas mais, e despois queixadesvos de que o meu blog vai lento ...

21/08/09

TECLADO PROVISIONAL



Visto así, encima do ordenador non canta moito, pero se vos fixades ese non é o meu teclado orixinal. Ten algunha desventaxa, xa que as teclas son mais pequenas; pero por outra banda, o ser de silicona, podo beber e tomar café sen medo a salpicalo, xa que o ser de silicona é resistente a auga.
O que inventan...

20/08/09

XA ESTOU DE VOLTA!!!

Como ben sabedes a maioria, xa estou reincorporada no traballo. Non puiden postear antes por mor dun pequeno fallo informatico: o meu superportatil dixo que non queria escribir certas letras e faciaseme un pouco dificil...
Gracias a miña compañeira Eva estou utilizando un teclado de silicona ata que volvan de vacacions os da tenda de informatica para levalo a arranxar.
Contarvos que este mes non fixen nada especial. Festa Medieval de Noia coma os ultimos anos, unha semaniña en Oviedo e un fin de semana nas illas Cies. A única novidade foi que me estrenei no body-board. Unha experiencia recomendable para quen lle guste a praia e os deportes de auga. Eu non dubidarei en repetila en canto teña oportunidade!
Deixovos un par de fotos de Oviedo e outro par das Cies!